Paseo do Espolón

Paseo do Espolón - Padrón - Santiago de Padrón

Imaxe: fotosmerceares.es

Paseo fluvial á beira do Sar, construído arredor do 1832 sobre o meandro do río Sar, e recuberto por plátanos de sombra. Está presidido ao norte polo Monumento a Rosalía de Castro, obra de José María Mateos, e ao sur pola de Camilo José Cela, obra de Ferreiro Badía. O carácter deste paseo dallo a súa arquitectura, o arboredo e a perspectiva.

O conxunto arbóreo que viste ao longo os laterais do Paseo do Espolón está formado por exemplares de plátanos de sombra (Platanus x hispanica). A principal misión que exercen estas árbores é a de propiciar sombra e abrigo aos transeúntes que camiñan baixo as súas copas. Esta dobre aliñación está incluída como formación senlleira (16F) dentro do Catálogo Galego de Árbores Senlleiras.

  • INFORMACIÓN
  • Código: PA-AC013
  • Outras denominacións: Paseo de Montero
  • Tipoloxía: Arquitectura civil
  • Cronoloxía: 1832
  • Concello: Padrón
  • Parroquia: Santiago de Padrón
  • Lugar: Rúa Castelao
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    As pésimas podas realizadas aos plátanos de sombra (Platanus x hispanica) e o uso de materiais como grava no pavimento, fan que este espazo perda parte do seu carácter orixinal.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo Galego de Árbores Senlleiras

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón, aprobado o 27 de xullo de 1994

    Guía de árbores senlleiras de Padrón

    Domingo de mercado en Padrón en 1988 | CRTVG

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Pazo do Bispo de Quito

Casa de Nicasio Pajares

Escola de Pazos

Finca O Carballal