Dique de Baltar

Dique de Baltar - Rianxo - Santa Comba de Rianxo

Ángel Baltar construíu na Praia de Tanxil un porto de abrigo, feito integramente en pedra e situado nunha cova natura ao pé da praia. Construído para o uso particular do propietario do Pazo dos Baltar, mais tamén para o beneficio da clase mariñeira, posto que en caso de apuros, serviría de refuxio ás embarcacións pesqueiras.

Sobre este dique estaba colocada a imaxe da Virxe da Guadalupe, obra de Francisco Asorey, mais en 2005 os herdeiros Baltar decidiron retirala ante o perigo que corría polos constantes derrubamentos que se producían na zona.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Pontella da Devesa do Rei

Porto de Abuín

Peirao de Setefogas

Pombal da Casa do Laxido